O 22 de xuño de 2020 o dixital EnergyNews publicaba unha información, que non tivo difusión en Galicia, titulada: «Noruega endurece as normas para novos proxectos eólicos». A ministra de Enerxía, Tina Bru, afirmou en conferencia de prensa: «No futuro, facilitaremos un desenvolvemento limitado e máis moderado da enerxía eólica do que vemos actualmente».
A ministra de Enerxía, Tina Bru, afirmou en conferencia de prensa: «No futuro, facilitaremos un desenvolvemento limitado e máis moderado da enerxía eólica do que vemos actualmente». O Goberno noruegués, e os políticos da oposición, reaccionaban así ante as fortes protestas para protexer espazos naturais locais que mesmo levaron á intervención policial para impedir que os manifestantes tirasen abaixo obras en construción de parques indesexábeis. Mesmo a empresa estatal de enerxía, Statkfraft, recoñeceu que se dera un exceso de presión e que había que reducir o tamaño e impacto dos xeradores aéreos. ¶ Sempre é interesante para Galicia o que ocorra en Noruega, un país de referencia nas políticas de benestar, mais no caso do desenvolvemento eólico éo dobremente. Tres grandes proxectos de parques eólicos, os máis xigantescos dos previstos no cordal cantábrico e galaico, son promovidos pola norueguesa Satkfraft